Poemas

ESCOLMA E TRADUCIÓN DE ALBA DOVAL

Na poesía de Chika Sagawa predominan os elementos da natureza, os animais, as partes do día e o paso do tempo, a vida urbana da cultura occidental como oposición e, por suposto, a presenza da morte. A súa temática, carente de connotacións femininas, dista moito das poetisas xaponesas da súa época, e emprega convencións modernistas, que tratan de romper coa idea de que a linguaxe debe ser un cristal claro e transparente. A poesía de Sagawa posúe unha grande influencia da pintura e das artes visuais, así como das formas do verso libre que rompía coas estruturas tradicionais xaponesas.

O trato coa terra e a veneración á natureza presentes nos seus poemas, propios da cultura xaponesa de hai un século, resultarán familiares á sociedade galega.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN:978-84-17388-49-2
Nº páxinas: 72
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 12 €