O país onde medran os limoeiros

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

A historia dos cítricos percorre a historia de Italia coma un fío dourado. Helena Attlee aproveita este feito para levarnos da man nunha viaxe única e intensa polo pasado cultural, moral, culinario e político deste país. A autora entretece literatura de viaxes, historia, receitas, horticultura e arte para ofrecer un relato sobre as orixes dos cítricos e a súa influencia no destino do pobo italiano.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

 

ISBN: 978-84-17388-43-0
Nº páxinas: 280
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 22 €