Junichiro Tanizaki

Junichiro Tanizaki (1886-1965) é un dos máis destacados escritores xaponeses do século XX. Influído polas lecturas de Poe, Baudelaire e Óscar Wilde, os seus primeiros escritos fixéronse célebres pola descrición metafórica do mundo dos sentidos e o desexo carnal. O seu estilo neorromántico, de elegancia serena e refinada, chegou ó cumio na súa obra A neve tenue, que escribiu ó longo de moitos anos. Froito das obsesións sexuais que o acompañaron durante toda a súa vida escribiu Hai quen prefire as ortigasA chave ou Diario dun ancián tolo, que o converteron nun mestre do erotismo levado ó límite do incumprimento.