Joseph Boruwlaski

Joseph Boruwlaski (1739–1837) naceu nunha nobre familia polaca sumida na pobreza e, dende moi novo, foi protexido por diversas persoas acomodadas que se foron encargando da súa educación. A súa condición de anano marcou a súa vida e foi grazas a ela que percorreu as diversas cortes europeas do século XVIII e coñeceu varios dos máis importantes persoeiros da súa época, converténdose el mesmo en case unha celebridade. Pero a vida de Boruwlaski non xirou só arredor da súa condición física. Así, casou cunha dama de compañía da casa que o acollía e formou unha familia. Porén, ata unha idade moi avanzada seguiría viaxando polas diversas cortes do continente buscando manterse. Finalmente, lograría asegurarse unha pensión grazas á cal puido estabelecerse en Durham, onde ficaría ata a súa morte, á idade de 97 anos.

MEMORIAS DO FAMOSO ANANO JOSEPH BORUWLASKI