John Stauffer Potter

John Stauffer Potter (1924-2014) viviu como un auténtico aventureiro dende o seu nacemento. Pasou a súa xuventude entre a China e os Estados Unidos, período que describe no seu libro My firtst nine lives. O traballo levouno, ademais de á China, a Corea do Sur, Singapur e Malaisia. Xa en Europa, viaxou a España para aprender mergullo e ficou fascinado pola idea de recuperar tesouros afundidos. Este libro relata o seu intento de rescatar o tesouro da Batalla de Rande.

Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo