Irène Némirovsky

Irène Némirovsky (Kiev, 1903 – Auschwitz, 1942) naceu no seo dunha familia que posuía unha inmensa fortuna e que se estableceu en París en 1919 para fuxir da Rusia da Revolución. Irène tivo unha infancia infeliz e solitaria, aínda que recibiu unha educación exquisita que lle permitiu obter a licenciatura en Letras na Sorbona en 1926. Pouco despois enviou á editorial Grasset a súa primeira novela, David Golder. Así comezou unha brillante carreira literaria, bruscamente interrompida: foi deportada e asasinada en Auschwitz.

O baile