Historias (Libros I e II)

TRADUCIÓN DO GREGO, INTRODUCIÓN E NOTAS DE RAÚL GÓMEZ PATO

As Historias de Heródoto constitúen a primeira organización intencionadamente racional e con ánimo de perdurar no tempo dunha obra histórica, para evitar que as grandes fazañas humanas queden relegadas ao esquecemento. Ofrece unha explicación dos feitos lonxe da interpretación a través dos mitos. O núcleo da súa obra está fixado no ser humano e non nas divindades da cultura clásica. Para construír o relato, Heródoto espreme o relato e ofrece discursos enfrontados para que o lector saiba das dúas opinións sobre un mesmo feito. A través da anécdota e do amor polo detalle fiados con acontecementos máis importantes, ofrece unha visión de conxunto da historia dos pobos e dos costumes e permite ao lectorado vivir no século vi ou v a. n. e.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

ISBN: 978-84-17388-45-4
Nº páxinas: 268
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 21 €