Eurípides

Eurípides (s. v a. C.) é o último dos tres grandes autores tráxicos gregos. Se ben no seu momento non gozou do recoñecemento unánime que saborearon en vida os seus célebres predecesores na traxedia, Esquilo e Sófocles, Eurípides si foi distinguido a posteriori como un dos autores máis revolucionarios e interesantes do seu xénero e do conxunto da literatura grega antiga. É, ademais, un dos autores do canon literario grego máis influentes, traducidos e comentados na literatura occidental posterior, logrando que as súas pezas tráxicas baseadas no mito se secularizasen e pasasen polas máis diversas lecturas e interpretacións, enriquecendo a súa achega ás letras universais.

Ión. Ciclope