Erri de Luca

Erri De Luca (Nápoles, 1950) abandonou aos dezasete anos o seu traballo como obreiro na construción para unirse ao movemento político Lotta Continua, do cal se converteu nun dos seus principais dirixentes durante os anos setenta do pasado século. Tras isto traballou como obreiro, camioneiro, almacenista ou albanel. Durante a guerra na ex Iugoslavia foi condutor de convois humanitarios.

En 1989, case aos corenta anos, publicou o seu primeiro libro, e a día de hoxe conta con máis de 50 obras publicadas e é un dos autores italianos máis premiados e traducidos.

A natura exposta