Deshonra

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

Tras ensinar durante anos poesía romántica na Universidade Técnica de Cidade do Cabo, David Lurie, de mediana idade e divorciado dúas veces, ten unha impulsiva aventura cunha alumna.
A aventura agréase, denúnciano e é convocado ante unha comisión de investigación. Desexando admitir a súa culpa pero negándose a ceder
ás presións para que mostre publicamente o seu arrepentimento, renuncia e vai visitar a súa filla na remota granxa en que vive.

A influencia de Lucy e os ritmos naturais da granxa prometen achegar harmonía á súa discordante vida. Pero o equilibrio de poder no país está cambiando, e el e a súa filla serán vítimas dun violento e perturbador ataque que fará cambalear as súas conviccións.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-17388-47-8
Nº páxinas: 272
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18,50 €