Cesare Pavese

Cesare Pavese (1908-1950) foi un dos autores italianos máis importantes do século XX. Nado nunha familia pequeno burguesa de orixe labrega, tivo entre os seus mestres a Augusto Monti, figura do ambiente antifascista turinés e amigo de Antonio Gramsci. Licenciouse cunha tese sobre Walt Whitman, e traduciu entre outros a Melville, Gertrude Stein, Steinbeck ou Hemingway. O seu activismo no mundo cultural italiano levouno a participar na fundación da editorial Einaudi, na que traballou de editor. Vítima de constantes depresións e dunha soidade interior que trataría de vencer ao longo de toda a súa vida, Cesare Pavese suicidouse o 27 de agosto de 1950 nun hotel de Turín, deixando a seguinte despedida: “Perdoo a todos e a todos pido perdón. De acordo? Non murmuredes moito”.

Poesías do desamor