Carson McCullers

Carson McCullers (Columbus, Georgia 1917 – Nyack, Nova York 1967) é considerada unha das voces máis importantes da literatura norteamericana do século XX. Con 22 anos escribe a súa primeira novela, The heart is a lonely hunter, que é tamén a súa obra máis coñecida e que, canda Reflections in a golden eyeThe member of the wedding e The ballad of the sad café, foi levada ao cine posteriormente. Faleceu no ano 1967, despois de recibir o último dos seus galardóns, o Henry Bellamann Award, que recoñecía a súa “excepcional contribución á literatura.”

McCullers foi pioneira en tratar temas como a homosexualidade, o racismo, o adulterio ou o alcolismo, e converteuse na gran retratista do sur profundo dos EUA.

A balada do café triste