Carlo Maria Cipolla

Carlo Maria Cipolla (1922-2000) foi un historiador da economía italiano. Nacido en Pavía, e graduado na Universidade desa mesma cidade, aos 27 anos deu comezo a unha longa carreira académica en Italia que o levaría ao posto de catedrático na Universidade de California en Berkeley, e a ser admitido en varias academias de prestixio (Royal Historical Society, American Academy of Arts and Sciences, Accademia dei Lincei).

Cipolla foi unha autoridade recoñecida na historia económica, e traballou tamén na historia da tecnoloxía, a alfabetización e os sistemas sanitarios. Porén, un dos seus traballos máis divulgados é a breve análise económica, demográfica e histórica da estupidez humana que se recolle neste libro.

As leis fundamentais da estupidez humana