Alan Bennett

Alan Bennett (Leeds, 1934) é un autor difícil de clasificar, xa que a súa prolífica produción inclúe series e programas de televisión, guións para películas de cine, obras de teatro, xornalismo e, dende hai unha década, tamén prosa. Recoñecido mestre do monólogo en televisión, as súas series Un inglés no estranxeiro e Talking Heads atópanse entre os maiores logros da BBC británica de tódolos tempos. Como dramaturgo é autor de pezas teatrais moi celebradas, como Habeas CorpusKafka’s Dick ou A loucura do Rei Xurxo (levada posteriormente ó cine). Tamén realizou o guión da longametraxe Ábrete de orellas, dirixida por Stephen Frears, sobre a vida do dramaturgo Joe Orton.

Unha lectora fóra do común