A vida secreta das vacas

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE MOISÉS BARCIA

Na granxa de Kite’s Nest, en Worcestershire, todas as vacas vagan libremente. Todas teñen nome e caracteres marcados. Coma as persoas, as vacas aman, xogan, establecen vencellos e forman amizades para toda a vida, pasan o dó, gardan rancor, teñen preferencias e poden ser vaidosas.

Rosamund Young relata neste libro as súas observacións á fronte da granxa familiar durante corenta anos. Con humor e sabedoría, a autora desvela un mundo secreto dunha especie tan próxima coma descoñecida.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

ISBN: 978-84-17388-40-9
Nº páxinas: 126
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18 €