Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

188 resultados da procura de:

55

Poemas canónicos

Os poemas que compoñen esta edición son os chamados “poemas canónicos”: os que pertencen á escolma que fixo en vida o poeta, seguindo o seu gusto e baseándose nos seus propios canons de perfección e calidade.

56

Herba abraiada. Poemas de Emily Dickinson

Esta edición bilingüe inclúe poemas de todas as épocas de Emily Dickinson. A poeta tivo uns anos de grande actividade creadora entre 1860 e 1864, e os seus poemas máis coñecidos, presentes en todas as escolmas, e máis traducidos, son destes anos. Nesta selección aparecen os poemas máis representativos das distintas fases da súa vida, […]

57

O cuarto de invitados

Helen, unha muller madura e independente, prepara coidadosamente o seu cuarto de invitados para a súa amiga Nicola. Ao longo das tres próximas semanas, mentres Nicola segue un tratamento alternativo que cre que curará o seu avanzado cancro, Helen convértese na súa coidadora, na súa asistente, no seu anxo da garda e nunha xuíza implacable. […]

58

Os ditosos anos do castigo

No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que […]

59

Lamentacións dun prepucio

Lamentacións dun prepucio revela episodios da infancia e adolescencia do autor nunha comunidade xudía ortodoxa estricta e rememora a súa rebelión e esforzos por emanciparse, a través da pornografía, a comida non kosher, a marihuana, o furto e a masturbación compulsiva, ata acadar unha vida practicamente laica. Porén, o autor segue crendo de xeito “abafante, incurable […]

60

A balada do café triste

O café convértese no punto de reunión da xente dunha vila rural do sur dos Estados Unidos, e recolle os cambios que o amor provoca coma se dun personaxe máis da novela se tratase. Carson McCullers describe con gran sensibilidade os temas da soidade, o desamor e a complexidade das relacións humanas a través dun […]

61

O edificio Yacoubian

En pleno corazón do Cairo, tras os muros do esplendoroso e decadente edificio Yacoubian, crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos; […]

63

Os caloteiros

Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe de calotes. Cando un dependente estafado cheira o engano e lle desfai o estómago dunha mocada, Roy vese perante a oportunidade —ou quizais a obriga?— de escoller entre dúas […]