Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

187 resultados da procura de:

46

Felices todo o tempo

Guido e Vincent, amigos dende a infancia e cun traballo estable, namóranse de Holly e Misty, respectivamente. Daquela chegan os cortexos, os celos e os encontros familiares, aderezados por catro personalidades fortes ás que non lles falta sentido do humor. Malia os seus desencontros, as dúas parellas viven unha vida apracible no Nova York de […]

47

Miñán

Ibrahima é un adolescente nacido nunha aldea de Guinea, sen expectativas de futuro. Cando lle morre o pai, convértese no cabeza de familia e exerce diversas profesións, pero o seu soño é ser condutor de camións. Porén, o seu irmán pequeno Alhassane foxe da casa para perseguir o soño europeo, e Ibrahima ten que arriscar […]

48

Leonora

Publicada en 1805, esta novela mestura a espionaxe, a intriga política e o nacionalismo. A idea de escribir Leonora xurdiu tras a viaxe de Edgeworth a París, onde asistiu a moitas reunións nas que se debatían temas controvertidos, como o divorcio ou a liberdade sexual feminina. Segundo a autora, Leonora era “un volume de cartas […]

49

O Parnaso sobre rodas

Helen McGill é unha muller de 39 anos que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar sempre del, así que, cando Roger Mifflin se presenta na súa casa coa intención de venderlle a súa librería ambulante a Andrew, decide […]

50

Gargantúa e Pantagruel

Con Pantagruel, Rabelais presenta unha orixinalidade total: a fusión de xéneros populares (contos, refráns, chufas de estudantes, parodias relixiosas, etc.), a sátira sen piedade dos inimigos do ideal humanista (teólogos sorbonistas, xuristas obsoletos, beatóns cínicos ou frades corruptos), as pinceladas do real na amálgama da fantasía (xa sexan personaxes, tabernas, monumentos, lugares ou itinerarios), o entusiasmo […]

51

Como ser famosa

Son Johanna Morrigan. É 1995. Teño dezanove anos e vivo no epicentro do Britpop. Viva Blur! O meu amor platónico, John Kite, está ocupado co seu exitoso disco, coa súa xira mundial, as drogas e unha crise nerviosa. Así que me entreteño co cómico Jerry Sharp. Vaia cagada. “É un vampiro”, advirte a miña amiga […]

52

Poesías do desamor

Este volume, que segue a edición italiana de Italo Calvino, recolle todos os poemas de Pavese non comprendidos en Lavorare stanca. Acolle, pois, as quince Poesías do desamor (1934-38), outros poemas dos anos 1931-1940, A terra e a morte (1945-1946), dous poemas de 1946 e Virá a morte e terá os teus ollos. Deste xeito é posible seguir o desenvolvemento da […]

53

As leis fundamentais da estupidez humana

Neste breve ensaio, o historiador da economía Carlo M. Cipolla desenvolve unha visión das persoas estúpidas, que debuxa como un grupo máis poderoso ca a Mafia, o complexo industrial-militar ou a Internacional Comunista, e que actúa coordinadamente sen precisar de regulamentos, líderes nin manifestos, movido só pola súa propia estupidez. As leis fundamentais da estupidez […]

54

Poemas canónicos

Os poemas que compoñen esta edición son os chamados “poemas canónicos”: os que pertencen á escolma que fixo en vida o poeta, seguindo o seu gusto e baseándose nos seus propios canons de perfección e calidade.