Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

28

Lamentacións dun prepucio

Lamentacións dun prepucio revela episodios da infancia e adolescencia do autor nunha comunidade xudía ortodoxa estricta e rememora a súa rebelión e esforzos por emanciparse, a través da pornografía, a comida non kosher, a marihuana, o furto e a masturbación compulsiva, ata acadar unha vida practicamente laica. Porén, o autor segue crendo de xeito “abafante, incurable […]

29

A balada do café triste

O café convértese no punto de reunión da xente dunha vila rural do sur dos Estados Unidos, e recolle os cambios que o amor provoca coma se dun personaxe máis da novela se tratase. Carson McCullers describe con gran sensibilidade os temas da soidade, o desamor e a complexidade das relacións humanas a través dun […]

30

O edificio Yacoubian

En pleno corazón do Cairo, tras os muros do esplendoroso e decadente edificio Yacoubian, crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos; […]

32

Os caloteiros

Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe de calotes. Cando un dependente estafado cheira o engano e lle desfai o estómago dunha mocada, Roy vese perante a oportunidade —ou quizais a obriga?— de escoller entre dúas […]

33

O asasino que hai en min

En Central City (Texas) teñen a Lou Ford, axente do shériff, en boa estimanza. Mozo cabal, traballador, de paciencia infinita, sempre disposto a axudar, con moza formal, asiduo da igrexa. Quizais un pouco pánfilo; talvez un chisco pesadiño co seu discurso inzado de lugares comúns. E, xa postos, non resulta algo raro que o pai, […]

34

O maletín do mestre

Dous personaxes solitarios, Tsukiko de 38 anos, e o seu antigo mestre, Harutsuna, que case lle duplica a idade, atópanse casualmente nunha taberna. O azar convértese en costume e así, entre grolos de sake e festíns gastronómicos, comeza unha curiosa relación entre a muller solteira, que xa abandonara calquera expectativa relativa ao amor, e o […]

35

O sentido dun final

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada […]

36

Meu amor, eu morro

Nunha vila islandesa, catro irmáns e o seu pai viúvo velan o corpo inerte de Jóhanna. Coa morte da última das mulleres da familia, os homes parecen destinados a se reuniren con elas no ceo, onde frecuentan a Hemingway e Leonardo da Vinci arredor dun Bacardi para observar os vivos. Baixo a mirada distante do […]