Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

10

Siluetas na area (Relatos)

Estes relatos de Isabelle Eberhardt non son notas de viaxe nin diarios, senón que teñen un compoñente ficcional. Eberhardt traza siluetas de homes pasionais –mesmo violentos– e mulleres submisas, mais uns e outras silandeiros, discretos, soñadores, hospitalarios e, por riba de todo, temorosos de Deus; e, fronte a eles, as siluetas altivas dos seus colonizadores. […]

11

Dor menstrual

Masechaba consegue o seu soño da infancia: exercer a Medicina. Porén, axiña se enfronta á realidade de traballar nun hospital sen apenas recursos. Á vez que trata de aliviar a dor allea, a protagonista ten que vencer os seus propios demos: as fortes dores menstruais, o dó polo suicidio do seu irmán e as presións […]

12

Azami

Aos seus 35 anos, Mitsuo Kawano traballa como editor nunha publicación cultural mentres espera fundar a súa propia revista de Historia. Hai tempo que deixou de ter relacións sexuais coa súa parella e frecuenta salóns eróticos. Un día crúzase con Gorô Kida, un excompañeiro que se converteu no presidente dunha importante empresa, e con el […]

13

Queres facer o favor de calar, por favor?

Co seu primeiro libro de contos, escrito ao longo de quince anos, Raymond Carver revitalizou o relato breve norteamericano. Os seus protagonistas son xente común, cos seus dramas triviais, as súas traxedias diarias e as súas anécdotas, que trazan un retrato icónico dos Estados Unidos.

14

Circe

Os estudosos consideran a Annie Vivanti Chartres a inventora do best-seller italiano, caracterizado por un estilo rápido, fluído e suxestivo. Vivanti distínguese no panorama da literatura feminina do principios do século xx por ir alén dos territorios reservados ás mulleres escritoras: o amor, o romance, a familia e os argumentos “rosas”. Así, con Circe, Annie […]

15

Festa no xardín (Nova)

Durante os preparativos da festa dos Sheridan, Laura, a filla menor, sabe da morte dun veciño, un carreteiro apelidado Scott. A rapaza dá por sentado que a súa nai anulará a festa como mostra de respecto, pero equivócase. Esta aguda descrición da vida británica atópase no conto ‘Festa no xardín’, que dá título a este […]

16

Felices todo o tempo

Guido e Vincent, amigos dende a infancia e cun traballo estable, namóranse de Holly e Misty, respectivamente. Daquela chegan os cortexos, os celos e os encontros familiares, aderezados por catro personalidades fortes ás que non lles falta sentido do humor. Malia os seus desencontros, as dúas parellas viven unha vida apracible no Nova York de […]

17

Miñán

Ibrahima é un adolescente nacido nunha aldea de Guinea, sen expectativas de futuro. Cando lle morre o pai, convértese no cabeza de familia e exerce diversas profesións, pero o seu soño é ser condutor de camións. Porén, o seu irmán pequeno Alhassane foxe da casa para perseguir o soño europeo, e Ibrahima ten que arriscar […]

18

Leonora

Publicada en 1805, esta novela mestura a espionaxe, a intriga política e o nacionalismo. A idea de escribir Leonora xurdiu tras a viaxe de Edgeworth a París, onde asistiu a moitas reunións nas que se debatían temas controvertidos, como o divorcio ou a liberdade sexual feminina. Segundo a autora, Leonora era “un volume de cartas […]