Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

145

Xente normal

Marianne e Connell son dous adolescentes que só teñen en común a vila irlandesa onde viven. Ela é altiva e marxinada, mentres que el é un dos rapaces máis populares do seu instituto. Con todo, comezan unha relación secreta que cambia as súas vidas. O intenso vínculo entre ambos continúa anos despois, no seu paso […]

146

Sobre a natureza das cousas

De rerum natura é un poema didáctico, datado no século I a.C. Ao longo dos seis libros que o compoñen, Lucrecio reflexiona sobre a orixe do universo, poñendo en xogo a teoría atomista de Demócrito e a filosofía de Epicuro. En última instancia, o autor pretende liberar o ser humano dos medos impostos pola tradición […]

147

Ti e mais eu

Lorenzo, de catorce anos, dilles aos pais que marcha esquiar cos seus compañeiros do instituto, pero en realidade crea un refuxio no rocho para pasar as vacacións ao seu aire, sen ninguén que o moleste. Porén, a súa medio irmá Olivia, nove anos maior ca el, irrompe no seu retiro e obrígao a enfrontarse ao […]

148

A trenza

As vidas de Smita, Giulia e Sarah non poden ser máis diferentes. Na India, Smita fai o posible para que a súa filla aprenda a ler e escribir. En Italia, Giulia descobre que a fábrica de perrucas do seu pai está a piques de quebrar. E no Canadá Sarah enfróntase a unha enfermidade que truncará […]

149

Ión. Ciclope

Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis descoñecida, trata un mito completamente novo, sen parangón en ningunha obra anterior e probablemente orixinal do seu autor. No plano argumental e formal marca un punto de inflexión ao guiar o novo […]

150

Sátiras

Podemos definir a sátira latina como un xénero literario especificamente romano que, servíndose de influencias diversas, e perseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unha conxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picante para explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten como finalidade […]

151

Fun Home: Unha familia traxicómica

Bruce Bechdel é profesor de inglés e dirixe unha funeraria, ademais de ser o pai esixente e distante de Alison. Só cando esta admite, xa na universidade, que é lesbiana, descobre que o seu pai tamén é homosexual. Pouco despois desta revelación, Bruce falece nun accidente, e déixalle á súa filla un legado de misterio, […]

152

Pequeno país

Burundi, 1992. Gaby ten dez anos e pasa o día cos amigos nas rúas de Bujumbura, cos que rouba mangas nos xardíns do barrio, se baña no río e fuma ás agachadas. Pero a súa vida libre de preocupacións é interrompida pola separación dos pais (francés e ruandesa) e pola guerra, que o desposuirá do […]

153

Oliver Twist

Oliver é un orfo abandonado nun hospicio que se ve empurrado a convivir con delincuentes nos baixos fondos londinienses. As súas peripecias para vencer o seu destino e forxar o seu propio destino son narradas de forma maxistral por Dickens, que combina habilmente a vívida descrición de ambientes e personaxes e o sentido do humor […]