Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

188 resultados da procura de:

136

Tres días e unha vida

A finais de decembro de 1999, unha sorprendente serie de sucesos tráxicos abateuse sobre Beauval, o máis importante dos cales, sen dúbida, foi a desaparición do neno Rémi Desmedt. Nesa rexión cuberta de bosques e dominada por ritmos lentos, a súbita desaparición deste cativo provocou estupor e mesmo foi considerada por moitos dos cidadáns como […]

137

Diván (Antoloxía)

Yunus Emre foi un poeta turco que viviu en Anatolia entre os séculos XIII e XIV. Os seus poemas, inicialmente redactados para seren cantados, están considerados como unha das primeiras mostras de literatura en lingua turca en Anatolia. A súa proximidade ao turco falado polas clases populares e o seu carácter espiritual, ligado ao sufismo […]

138

Fame

O protagonista de Fame está quedando coma un fiúncho debido á miseria, á falta de traballo estable e á situación difícil que atravesa Christiania no século XIX. Por medio dun monólogo interior, o personaxe introdúcenos na irracionalidade da mente humana dunha maneira intrigante e, ás veces, humorística. Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral […]

139

Bhagavad Gītā

A Bhagavad Gītā (A cantiga do señor) forma parte do sexto libro da Mahābhārata, que é, xunto coa Rāmāyaṇa, a narración épica india por excelencia. A autoría da Mahābhārata foi tradicionalmente atribuída a Vyāsa, que en sánscrito significa ‘o recompilador’ ou ‘o editor’. Malia non existir acordo ao respecto, a maioría dos estudos sobre a datación da Bhagavad estiman que foi redactada ao […]

140

A outra nai

Genny ten dezaseis anos e traballa nun bar, xoga ao fútbol e fai o parvo no scooter. Tania ten quince anos, aínda vai ao instituto e dorme nun cuarto con estrelas no teito

141

Vivir na fin do mundo

No canto dun libro de viaxes que describa xentes e lugares, Christina Lilliestierna refire episodios da súa nova vida en Galicia a finais da década de 1960. Nestas páxinas aparecen vellos costumes dos nosos devanceiros, as súas prácticas máxico-relixiosas, o xeito de cultivar a terra e o de enfrontarse ás doenzas. Lilliestierna ofrece unha ampla […]

142

O Mundo Resplandecente

O Mundo Resplandecente é unha descrición dun reino utópico e satírico situado noutro mundo, ao que se pode chegar a través do Polo Norte. Unha muller entra nese outro mundo e convértese na emperatriz dunha sociedade composta por varias especies de animais falantes e organiza a invasión do seu mundo de orixe. O Mundo Resplandecente, […]

143

O mago de Lublin

O mago de Lublin narra a historia de Yasha, un antiheroe excéntrico, un mago talentoso que actúa por toda Polonia a finais do século XIX. Ten un talento para abrir calquera cadeado ou saltar calquera barreira, pero os malabarismos que leva a cabo sobre o escenario esténdeos á súa vida diaria. Mentres a súa devota […]

144

Discurso sobre a dignidade do home (e outros textos renacentistas sobre a dignidade do ser humano)

O tema da dignidade do home, entendido como ser excepcional dotado de libre albedrío, é tan antigo como a Xénese. Na presente edición acompañan o universalmente coñecido Discurso sobre a dignidade do home de Pico della Mirandola unha selección de tres capítulos da Teoloxía Platónica de Marsilio Ficino, precedente claro da concepción piquiana da dignidade […]