Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

187 resultados da procura de:

127

Contrato con Deus

A través dun cuarteto de historias entretecidas, Contrato con Deus expresa a ledicia, exuberancia, dramatismo e traxedia da vida na mítica Avenida Dropsie, no Bronx. Esta obra lendaria orixinou unha nova forma artística e confirmou a Will Eisner como un dos grandes pioneiros das artes gráficas americanas. (Esta obra recibiu unha axuda á edición do […]

128

Goražde, zona segura

Entre finais de 1995 e principios de 1996, o debuxante/xornalista Joe Sacco viaxou catro veces a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia que levaba tres anos e medio cambaleando no bordo da aniquilación total. Aínda rodeada de forzas serbo-bosnias, a poboación de Goražde, eminentemente musulmá, soportara duros ataques e […]

129

Seda

“Un bo día, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partía unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba ao Xapón, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendíaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detívenme, saquei os […]

130

Acabadora

Anos 50. Unha pequena vila de Sardeña. Bonaria Urrai, unha costureira solitaria, adopta a Maria, cuarta filla dunha familia humilde. Maria aprenderá grazas a ela o esencial da vida. Como por exemplo, a reconfortar as persoas que se achegan ao seu destino final. Galardoada co prestixioso Premio Campiello, Acabadora aborda a morte dende un punto […]

131

Mapa de estradas lendario de Islandia

Entre as riquezas literarias de Islandia hai un legado de mitos e lendas transmitidos a través dos séculos que segue a ter unha presenza viva na imaxinación popular. En Islandia, máis ca en calquera outro país, as historias son inseparables da paisaxe, nacida dunha natureza viva e misteriosa, que non tardou en ser poboada por […]

132

Margherita Dolcevita

Margherita é unha rapaza de quince anos cunha imaxinación desbordante, moita ironía e inocencia, aínda que sen ser inxenua. Cun corazón defectuoso e algúns quilos de máis, Margherita vive coa súa excéntrica familia nas aforas da cidade, nun lugar poboado por xitanos, inmigrantes ilegais e personaxes que enriquecerán as súas experiencias. Un bo día constrúen […]

133

O curioso incidente do can á medianoite

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, coñece as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite encontra a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, polo que decide comezar […]

134

O muiñeiro ouveador

Cando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide mercar e pór en funcionamento o vello muíño que hai á beira do río Kemi, os labregos da veciñanza rinse del. Só a un tolo se lle ocorrería afrontar semellante proxecto. E aínda que deberán renderse á evidencia do éxito da empresa, aquel extravagante […]

135

Tres días e unha vida

A finais de decembro de 1999, unha sorprendente serie de sucesos tráxicos abateuse sobre Beauval, o máis importante dos cales, sen dúbida, foi a desaparición do neno Rémi Desmedt. Nesa rexión cuberta de bosques e dominada por ritmos lentos, a súbita desaparición deste cativo provocou estupor e mesmo foi considerada por moitos dos cidadáns como […]