Buscar

Se o resultado non é satisfactorio, tenta unha nova procura

159 resultados da procura de:

1

Stoner

William Stoner nace no seo dunha familia labrega de Missouri. Envíano a estudar Agronomía á universidade, pero alí descobre a literatura, da que se namora e á que decide dedicar a súa vida como profesor. Co paso dos anos acumúlanse as decepcións deste antiheroe existencial: o seu casamento afástao dos pais, a súa carreira estáncase, […]

2

Lingo

Lingo propón unha viaxe por Europa e o seu amplo abano de linguas. Gaston Dorren recolle sesenta curiosidades arredor da diversidade lingüística europea que combinan historia, cultura e lingüística. Comprobaredes como ao francés, aparentemente tan maduro, o move realmente unha fixación pola súa nai ou que o alemán –contra o que cabería agardar–non se espallou […]

3

A ponte sobre o Drina

Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesmo neno decidirá anos despois erixir unha ponte naquel lugar, para unir os estremos do imperio que goberna. Esa ponte marcará a vida das xentes da súa bisbarra, e nun mundo inestábel e axitado será o […]

4

O ano do pensamento máxico

Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por Joan Didion e John Gregory Dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. Pasan malos momentos: a súa filla, Quintana, está en coma na UCI por unha gripe que se complicou gravemente. Unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu […]

5

Escritos sobre as mulleres

O único papel que se lles recoñecía ás mulleres no mundo antigo era o que desenvolvían dentro da casa, como esposas, nais e administradoras e organizadoras das cuestións domésticas. Co argumento da súa incapacidade para calquera actividade desenvolvida máis alá dos muros do fogar, foron excluídas da vida pública, non tiveron acceso á educación e […]

6

O verán no que miña nai tivo os ollos verdes

Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo […]

7

A vexetariana

Yeonghye é unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a ter soños violentos. O marido de Yeonghye, o seu cuñado e a súa irmá máis vella contan a historia desta muller dende o seu punto de vista nos tres relatos que compoñen esta novela. No primeiro relato, “A vexetariana”, un […]

8

O bosque dos raposos aforcados (Novela gráfica)

Oiva Juntunen conseguiu fuxir co botín dun roubo mentres o seu cómplice cumpre condena. Cando este sae do cárcere, Oiva foxe ás recónditas paisaxes da Laponia finlandesa para non ter que compartir a súa riqueza. Alí coñece o comandante Remes, exmilitar alcólico, e unha nonaxenaria fuxitiva, cos que vive unha serie de estrafalarias aventuras. Baseado […]

9

Ningún de nós ha volver

En xaneiro de 1943, duascentas corenta mulleres, a maioría delas comprometidas coa Resistencia, foron transportadas nun vagón de gando dende Francia ao campo de concentración de Auschwitz. Só regresaron corenta e nove, unha delas Charlotte Delbo. Pouco despois da súa liberación en abril de 1945, reconstruíu o seu recordo a partir de instantáneas daqueles días. […]