
Antonella Moscati
Narrativa
10 euros
ISBN 978-84-938859-0-8
78 páxinas
Tradución de Cristina González Piñeiro
Unha case eternidade (finalista do Premio Napoli 2006) é unha lúcida e fermosa reflexión sobre o paso do tempo dende unha perspectiva feminina. Cun discurso profundo e íntimo, baseado na experiencia persoal da protagonista, a obra reflexiona sobre a perda da xuventude dos corpos e sobre a diferente vivencia que homes e mulleres temos dese inevitable declinar. Ao final, queda a defensa das engurras como testemuña do vivido.