
Juan e Sara están algo afastados ultimamente e deciden separarse por un tempo. Juan quere sentir que na vida hai algo que existe fóra del, algo que o mova obrigándolle a participar do mundo, a tomar decisións propias e a non deixarse levar. Vai vivir temporalmente á aldea de Voces, onde coñece a José e a Sara, dúas persoas cos seus propios dramas persoais. O silencio de Sara, a calada complicidade entre eles e a forza da paisaxe axudaranlle nese espertar á vida. Sara, pola súa banda, fará o seu propio proceso de revisión e cambio para acabar atopándose os catro no centro do mundo.
Cunha voz propia que atrapa o lector e un narrador que nos fala dende a conciencia dos personaxes, vaise tecendo esta historia que indaga nas relacións humanas e no amor nestes tempos difíciles…
Silvia Bardelás (Vigo, 1967), é licenciada en Filosofía e centrou os seus estudos de posgrao na Estética aplicada á literatura. Ademais de escribir, colabora en distintas editoriais, traduce do alemán, inglés e portugués e coordina premios literarios. Ensina Creación Literaria e dirixe unha revista dixital como espazo de reflexión sobre a literatura. Aínda que non reside habitualmente en Galicia, escolle o galego como a súa lingua literaria.