William Kotzwinkle
William Kotzwinkle (Pensilvania, 1938) é un escritor e guionista estadounidense especializado no xénero fantástico e de intriga, así como en literatura infantil e xuvenil. Porén, en 1975, tras perder o seu fillo acabado de nacer, escribiu a novela breve O nadador no mar secreto, nominada aos premios do Círculo de Críticos Literarios dos Estados Unidos. En 1997 gañou o World Fantasy Award e o National Magazine Award pola súa novela Doctor Rat. Ademais, escribiu o guión de películas como ET e Pesadelo en Elm Street.
Publicacións en Rinoceronte


