Viṣṇuśarman
No Preludio do Pañcatantra identifícase como o seu autor a Viṣṇuśarman, un brahmana octoxenario que acepta o desafío de ensinar os principios do bo goberno aos tres fillos paiolos de Amaraśakti, o rei de Mahilāropya, a cidade onde teñen lugar moitas das escenas do Pañcatantra. Debido á ausencia de probas externas e independentes con respecto a Viṣṇuśarman, resulta imposible dicir se el foi o autor histórico do Pañcatantra ou se el mesmo é unha invención literaria, ou quizais un pseudónimo.
Publicacións en Rinoceronte