Sjón
Sigurjón Birgir Sigurðsson (Reykjavík,1962), máis coñecido polo sobrenome de Sjón, é un dos autores máis coñecidos e consagrados da literatura islandesa contemporánea. Polifacético e multidisciplinar, comezou a súa carreira literaria co libro de poemas Sýnir (‘Visións’) aos 16 anos e foi un dos fundadores do grupo neosurrealista Medúsa en 1979, converténdose dende moi novo nunha das figuras máis innovadoras do panorama intelectual.
Internacionalmente é máis coñecido por compoñer a letra dalgunhas das cancións máis emblemáticas da cantante Björk, entre elas o tema “Oceania”, realizado para a apertura dos Xogos Olímpicos de Atenas, e por ser coautor da banda sonora do filme Dancer in the Dark, de Lars von Trier.
Publicacións en Rinoceronte