Sigrid Nunez
Sigrid Nunez (Nova York, 1951) é unha recoñecida autora estadounidense, con nove novelas publicadas e traducida a máis de trinta linguas. Colaborou en numerosos medios de comunicación, como The New York Times, The Wall Street Journal, Paris Review ou Harper’s e impartiu clases nas universidades de Princeton, Columbia e Boston. Entre a súa produción destaca A Feather on the Breath of God, The Last of Her Kind, Salvation City, What Are You Going Through e O amigo, coa que gañou o National Book Award.
Publicacións en Rinoceronte