Henryk Sienkiewicz
Henryk Sienkiewicz (1846-1916) naceu en Wola Okrzejska, unha aldea polaca entón parte do Imperio ruso, no seo dunha familia nobre empobrecida. Estudou Filoloxía e Historia na Universidade de Varsovia, onde comezou a publicar os seus primeiros textos e relatos. Escribiu artigos de crítica e viaxes, pero destacou sobre todo polas súas novelas, entre as que sobresae Quo Vadis? Cos seus escritos converteuse na voz dunha Polonia invadida e soñou cunha nación libre. En 1905 recibiu o premio Nobel de Literatura.
Publicacións en Rinoceronte


