Shalom Auslander
A Shalom Auslander (Monsey, New York, 1970) criárono cun terrible respecto por Deus. Na adolescencia seguiu crendo, e tal vez por iso comezou a provocar voluntaria e indiscriminadamente a cólera divina, moi similar á do seu propio pai. Nin sequera a súa estadía en Israel conseguiu devolvelo ao rego. Agora que é adulto e pai de familia, Auslander mantén a provocación mediante a escrita de ensaio e ficción.
O seu primeiro libro de relatos, Beware of God (2005), valeulle un gran recoñecemento crítico, igual ca Lamentacións dun prepucio (2010). Escribe artigos para The New Yorker, Esquire e The New York Times Magazine, entre outras publicacións. A súa última novela publicouse en 2012 co título Hope: A Tragedy.
Publicacións en Rinoceronte