Sally Rooney
Sally Rooney (County Mayo, Irlanda, 1991) estudou Inglés no Trinity College de Dublín e ten un mestrado en literatura norteamericana. A súa primeira novela, Conversations with Friends, publicouse en 2017, e a esta seguiulle Xente normal, o libro máis eloxiado do ano pola crítica do Reino Unido, finalista do Man Booker en 2018 e Premio Costa Book á mellor novela do mesmo ano. Rooney parece abocada a converterse nunha autora clásica de comezos deste século.
Publicacións en Rinoceronte