Roparz Hemon
Roparz Hemon foi o pseudónimo que empregou o lingüista, novelista e dramaturgo Louis Nemo, nado en Brest (Bretaña) no ano 1900, para as súas publicacións. Estudou bretón no círculo céltico de París e foi un firme defensor do idioma. Ademais de ser autor de numerosas obras literarias, dicionarios e gramáticas, Hemon creou a revista Gwalarn, que se converteu nun espazo de creación común para a literatura escrita na lingua da Bretaña.
Publicacións en Rinoceronte