Nicolas Dumontheuil
Nicolas Dumontheuil naceu en 1967 e na actualidade vive en Bordeos. En 1993 publicou a súa primeira banda deseñada: L’Enclave. Dous anos despois causou sensación con Qui a tué l’idiot?, que recibiu o Premio do Festival de Sierre 95, así como o Alph-Art á mellor banda deseñada en Angulema e o Premio René Goscinny. En 2001 realizou a súa primeira colaboración cunha guionista, Eliane Angéli, para Le Singe et la sirène (Casterman). En 2007 fixo con Big foot a súa adaptación libre do Monstre des Hawkline de Richard Brautigan.
Publicacións en Rinoceronte