• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Maria Edgeworth

Aínda que naceu en Oxfordshire (Inglaterrra), Maria Edgeworth (1768-1849) foi a escritora angloirlandesa máis famosa do século XIX e pertencía á elite protestante que gobernaba en Irlanda naquel tempo. Seu pai foi un coñecido terratenente ilustrado, Richard Lovell Edgeworth (1744-1817), que casou catro veces e chegou a ter vinte e dous fillos. Maria recibiu unha sólida formación. Foi a amanuense e administradora de propiedades do seu pai, co que aprendeu economía, socioloxía e pedagoxía.

A influencia de Maria Edgeworth percíbese no eido literario no só no século XIX (Austen, William Makepeace Thackeray, Ivan Turgeniev, John Ruskin), senón que moitos políticos (Benjamin Disraeli, Thomas Carlyle) recoñeceron a súa débeda con ela e, se temos en conta o realismo e mérito de Castle Rackrent, a súa pegada chega até o século XX coa novelística de William Faulkner e o realismo máxico de Gabriel García Márquez. Mesmo se ten relacionado a falta de núcleo central e as dinámicas familiares na primeira obra de Maria Edgeworth co Ulysses de James Joyce (P. F. Sheeran). No caso da literatura ambientada en Galicia habería que relacionar a Maria Edgeworth coa novela de pazos, así como coa particular ironía de Álvaro Cunqueiro.

Publicacións en Rinoceronte

  • Rinoceronte-leonora

    Leonora

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Desplazarse hacia arriba