• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Karel Čapek

Karel Čapek (Malé Svetonovice, 1890 – Praga 1938) é un dos escritores checos máis sobranceiros do século XX. Tras estudar filosofía en Praga, Berlín e París, empezou traballando como bibliotecario e educador dun conde, para despois consagrarse á súa carreira de xornalista, escritor, dramaturgo e incluso director de teatro. A súa ampla obra abrangue moitos xéneros: contos para nenos, relatos de viaxes, literatura realista, filosofía, relatos fantásticos, obras teatrais e ficción científica, sendo este último xénero o que lle outorgou máis sona internacional. Caracteriza a súa obra o seu senlleiro sentido do humor, unha fina ironía e, en numerosas obras, unha voz que advirte dos perigos do totalitarismo e o incipiente fascismo que ameazaba a nova Checoslovaquia, como por exemplo en Bílá nemoc (a enfermidade branca), onde fala dun terrible mal contaxioso que se espalla rapidamente. Trata temas tan actuais como a mecanización do ser humano na sociedade industrial ou as armas de destrución de masas. Se hai algo fundamental na caracterización da súa obra é o seu dominio da lingua, o extenso vocabulario do que fai uso e a súa forza expresiva. Malia ser un dos máis grandes da literatura checa do século XX, o réxime comunista non recoñeceu a súa importancia. Pronunciouse en contra do fascismo alemán, pero tamén se distanciou dos comunistas, pois non cría na ditadura do proletariado como única forma de organizar a sociedade.

Publicacións en Rinoceronte

  • Rinoceronte-3901

    O ano do xardineiro

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Desplazarse hacia arriba