Joan Lluís Vives i March
Joan Lluís Vives i March (Valencia, 1493 – Bruxas, 1540) comezou a súa formación na Universidade de Valencia e, para evitar a presión inquisitorial, continuouna en París entre 1509 e 1514. Comezou a súa vida profesional como preceptor de familias podentes, primeiro en Bruxas e deseguido en Lovaina, onde foi nomeado profesor de latín da Universidade en 1521 e viviu unha época moi frutífera.
En 1523 foi nomeado profesor de filosofía en Oxford e chanceler do rei Henrique VIII. Neste período inglés, empeza a despuntar a súa faceta de humanista «práctico». O apoio de Vives a Catalina de Aragón na cuestión do divorcio de Henrique VIII causou finalmente a súa saída de Inglaterra.
Volve á súa prezada Bruxas en 1528. A persecución inquisitorial arruína economicamente a súa familia en Valencia, e el ten que levar unha vida miserábel por un tempo. No entanto, comeza aquí o seu período máis interesante coa madureza das súas múltiples facetas intelectuais.
Publicacións en Rinoceronte