Jean Echenoz
Jean Echenoz (Orange, 1947) é un dos autores franceses máis recoñecidos. Polo seu primeiro libro, Le Méridien de Greenwich (1979), gañou o Premio Fénéon, o primeiro dunha longa lista que inclúe o Médicis 1983 por Cherokee ou o Goncourt 1999 por Je m’en vais. En 1988 recibiu o Premio Gutenberg como «a maior esperanza das letras francesas», cousa que foi demostrando co tempo grazas á súa obra, na que retrata con mestría personaxes, reais ou ficticios, como ocorre en Courir (2008) ou Ravel (2006).
(© Retrato do autor: Mathieu Zazzo)
Publicacións en Rinoceronte


