Ivo Andrić
Ivo Andrić (Travnik, Bosnia e Herzegovina, 1892-Belgrado, Serbia, 1975) é un dos autores serbios e europeos máis famosos e recoñecidos, cuxas obras se traduciron a cincuenta linguas. Gañou o premio Nobel de Literatura en 1961. As súas novelas máis destacables son A ponte sobre o Drina, Gospođica, Prokleta avlija e Omer-paša Latas. Narrador prolífico, escribiu máis de 130 relatos breves, os libros de poesía en prosa Ex Ponto, Nemiri (‘Disturbios’) e Znakovi pored puta (‘Sinais na beiravía’) e varios poemas e ensaios sobre arte e literatura.
Publicacións en Rinoceronte