Italo Svevo
De verdadeiro nome Aron Hector Schmitz, Italo Svevo naceu en Trieste en 1861, cando a cidade pertencía ao Imperio Austrohúngaro. En 1892 publicou a súa primeira novela, titulada Unha vida. En 1896, comezou a colaborar en distintos xornais, e publicou por entregas nun deles a súa segunda novela, Senilidade (1898). A obra acadou unha escasa repercusión e Svevo abandonou a literatura para dedicarse só ao comercio. En 1907 coñeceu a James Joyce, daquela exiliado en Trieste, e entre ambos os dous nacería unha fonda amizade. Volveu á literatura en 1919, ano no que comeza a escribir a súa terceira novela, A conciencia de Zeno, unha das obras mestras do século xx. Morreu en 1928.
Publicacións en Rinoceronte



