• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Ignacy Krasicki

Ignacy Krasicki (1735-1801), nado en Dubiecko, no sueste de Polonia, concretamente na rexión de Galicja, é o autor polaco más recoñecido da Ilustración. Formouse cos xesuítas en Lviv e despois en Varsovia. Estudou teoloxía durante dous anos en Roma e ordenouse sacerdote e, despois, foi bispo de Warmia e arcebispo de Gniezno. Krasicki aproveitou a súa posición social e a súa proximidade ás esferas de poder para consolidar as ideas ilustradas en Polonia. Ademais, o seu status permitiulle viaxar a cidades como París ou Berlín.

Krasicki comezou a publicar, tardiamente, cun poema heroico, Myszeida (1775), o cal contiña unha canción patriótica que foi durante moitos anos o himno nacional de Polonia, “Hymn do miłości Ojczyzny”. Tanto na súa faceta como relixioso, como na súa obra literaria, trataba de influenciar a sociedade e impulsar a súa reforma facendo patentes os seus vicios e erros. Nas obras de Krasicki evidénciase unha clara preferencia pola sátira, que se debe non só ao seu gusto persoal, senón tamén ao do seu tempo. Os ilustrados polacos atoparon na sátira e no estilo agudo o medio ideal para suscitar a polémica.

Publicacións en Rinoceronte

  • Rinoceronte-as-aventuras-de-mikolaj-doswiadczynski

    As aventuras de Mikołaj Doświadczyński

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Desplazarse hacia arriba