• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Horacio

Quinto Horacio Flaco naceu o ano 65 a.n.e. en Venusia, hoxe Venosa, no sur de Italia. As expectativas profesionais de Horacio non eran excesivamente promisorias, xa que naceu no seo dunha familia campesiña de modesto pasar. Porén, o pai empeñouse en que o fillo fose estudar á Urbe, decisión que determinou a folla de ruta existencial do rapaz. Imitando os mozos que en Roma adquirían unha educación sólida, ao facer os vinte anos Horacio viaxou a Grecia, onde se instalou coa intención de aprender a lingua, os costumes e as disciplinas académicas propias da nación que inspirou o desenvolvemento definitivo da cultura romana.

Provisto dunha rica bagaxe intelectual, o mozo retornou a Roma. Os recursos económicos de que dispuña permitíronlle a dedicación exclusiva á súa gran paixón: a poesía. Nos seus textos revisten singular importancia as correntes filosóficas estoicas e epicúreas dentro do pensamento horaciano. Asemade, o vate inclúe dentro das súas creacións reflexións estritamente persoais, o cal supón unha innovación dende a perspectiva do contido.

Publicacións en Rinoceronte

  • Rinoceronte-satiras

    Sátiras

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Desplazarse hacia arriba