Nikolai Vasílievich Gógol
Nikolai Vasílievich Gógol (1 de abril de 1809, Soróchyntsi, Imperio ruso – 4 de marzo de 1852, Moscova) é un clásico da literatura rusa, escritor, dramaturgo e crítico de procedencia ucraína. Gógol desempeñou un papel crucial na formación do realismo na literatura rusa, xa que na súa obra representou a realidade de xeito integral e veraz, sen esquecer os seus momentos tráxicos e cómicos. Os libros do autor están impregnados de humor e sátira, e os seus personaxes atópanse a miúdo nun mundo fantástico e grotesco ou nunhas circunstancias sobrenaturais.
Publicacións en Rinoceronte


