Flann O’Brien
Flann O’Brien é un dos moitos pseudónimos empregados por Brian O’Nolan, autor irlandés nacido no ano 1911 en Strabane, condado de Tyrone. Estudou literatura celta en Dublín e escribiu columnas para varios xornais, tanto en inglés como en irlandés, baixo varios heterónimos, como, por exemplo, Myles na gCopaleen, o mesmo que empregou para An béal bocht (A boca pobre) en 1941.
As obras de O’Brien caracterízanse pola sátira, o humor, o absurdo e a ruptura da fronteira entre ficción e realidade, elementos que emprega con efectividade para retratar a sociedade da época. Faleceu en Dublín en 1966.
Publicacións en Rinoceronte