• Carrito de Compra Carrito de Compra
    0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
      • Nueva
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Buscar
  • Menú Menú

Fiódor Dostoievski

Fiódor Mikháilovich Dostoievski naceu en Moscova en 1821. En 1837 a súa nai faleceu por tuberculose, e o pai decidiu envialos a el e ao seu irmán Mikhaíl á Escola de Enxeñeiros Militares de San Petersburgo. Cando tiña 18 anos, en 1839, o seu pai foi torturado e asasinado por un grupo de labregos. Este acontecemento produciu no rapaz unha crise nerviosa que houbo de facerlle perder a cordura. Aos 22 anos Fiódor rematou a súa instrución co grao de subtenente, pero acabou por pedir unha excedencia para dedicarse por completo á literatura. En 1846 publicou así en 1846 a súa primeira novela epistolar, Pobres xentes, que obtivo un grande éxito entre a crítica e que o levou a alcanzar unha efémera sona, posto que as súas seguintes obras non tiveron repercusión ningunha. Por esa época empezou a frecuentar un grupo clandestino de intelectuais perseguidos polo réxime tsarista, e en 1849 foi arrestado baixo a acusación de atentar contra o tsar Nicolao I. Foi condenado a morte, pero finalmente tivo que cumprir condena en Siberia ata que o novo tsar Alexandre II lle concedeu unha amnistía. 

A publicación por capítulos entre 1861 e 1862 de Lembranzas da casa dos mortos, onde relataba as súas experiencias en Siberia, devolveuno ao foco de atención. Isto levouno a publicar unha segunda novela, Memorias do subsolo, en 1864, tamén inspirada na súa condena. En 1866 publicou O xogador eCrime e castigo, a primeira das novelas que o consagraron como un dos maiores escritores da súa época, á que seguirían O idiota (1868), Os endemoñados (1870) e Os irmáns Karamázov (1880), novela que el mesmo consideraba a súa obra mestra e que condensa os temas máis característicos da literatura rusa. Finou un ano despois en San Petersburgo, aos 59 anos. 

Publicacións en Rinoceronte

  • Rinoceronte-pack-para-descansar-a-conciencia-edicion-limitada

    Pack para descansar a conciencia (edición limitada)

  • Rinoceronte-crime-e-castigo

    Crime e castigo

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
           

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna
  • Nueva

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba