Dorothy Parker
Dorothy Parker (1893–1967) destacou como poeta, narradora, crítica e guionista.
Membro do célebre círculo da Algonquin Round Table, Parker cultivou un estilo inconfundible, que combina brillantez verbal e melancolía, o que a converteu nunha autora moderna e extraordinariamente actual. Ao longo da súa vida mantivo unha intensa actividade política e intelectual, comprometida con causas progresistas e antifascistas. Entre os seus libros máis coñecidos figuran Enough Rope, Sunset Gun e Laments for the Living.
Imaxe da autora: CC colección George Grantham Bain, Biblioteca do Congreso dos EUA
Publicacións en Rinoceronte


