Chika Sagawa
Chika Sagawa (1911-1936) nace na pequena vila xaponesa de Yoichi, en Hokkaido, baixo o nome de Aiko Kawasaki. Aos 17 anos múdase a Toquio, onde frecuenta o mundo literario, nun momento no que o país comeza a aceptar a globalización e a recibir movementos artísticos procedentes de todo o mundo e xorde o modernismo xaponés.
A partir de 1930 Sagawa comeza a publicar poesía, pero falece pouco despois, aos 24 anos, por mor dun cancro de estómago.
Publicacións en Rinoceronte