• 0Carrito de Compra
Rinoceronte Editora
  • Catálogo
    • Coleccións
      • Nova
      • Vétera
      • Contemporánea
      • Clásica
      • Novela Gráfica
      • Poesía
      • Magna
      • Peto
    • Todo
    • En PDF
  • Autores
  • Sobre nós
    • Coñécenos
    • Distribución
    • Contacto
  • Buscar
  • Menú Menú

Birgit Vanderbecke

Birgit Vanderbeke naceu na RDA en 1956. Tiña cinco anos cando a súa familia fuxiu ao Oeste e se instalou en Frankfurt. De nena sobresaíu nos estudos, na música e nos deportes, mais nunca deixou de se sentir diferente dos compañeiros: “Sempre cos zapatos que non eran, as medias que non eran, o peiteado que non era”. En 1989 Vanderbeke conciliaba a súa faceta de nai dun neno pequeno coa de filóloga investigadora, ultimando unha antoloxía epistolar que ilustraba a pobreza material dos xenios da literatura. Entón caeu o Muro de Berlín e principiou a reunificación alemá, e con ela a súa carreira literaria: en 1990 gañou o premio Ingeborg Bachmann coa súa opera prima, Mexillóns para cear. Foi a primeira dunha regular serie de obras breves de inconfundible estilo –”sinxelo pero sofisticado”, segundo Die Welt– que teñen recibido o aplauso do público, da crítica e dos xurados dun bo número de galardóns literarios.

Publicacións en Rinoceronte

  • Rinoceronte-mexillons-para-cear

    Mexillóns para cear

Sobre nós

  • Coñécenos
  • Distribución
  • Contacto
       

Catálogo

  • Catálogo completo
  • En PDF
  • Os Autores

Coleccións

  • Nova
  • Vétera
  • Contemporánea
  • Clásica
  • Novela Gráfica
  • Poesía
  • Peto
  • Magna

Tenda

  • Carriño
  • A miña conta
  • Condicións de compra, envios e devolucións
  • Contacto

Textos legais

  • Aviso legal
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
  • Condicións de compra, envios e devolucións
© Copyright - Rinoceronte Editora | Avenida de Lugo, 15, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra) | 986 16 80 28 | info@rinoceronte.gal | EDITAR WEB
Desplazarse hacia arriba