Annette M. B. Meakin
Annette Meakin (Bristol, 1867 – Essex, 1959) tivo unha vida e unha formación cosmopolita. O seu pai traballaba nunha plantación de té na India e fundou un xornal en Tánxer, e ela formouse en Inglaterra e en Alemaña, onde estudou música. Foi autora de varios libros de viaxes, como A Ribbon of Iron, onde relatou a súa experiencia e a da súa nai como as primeiras mulleres inglesas que viaxaron ao Xapón en 1900, no ferrocarril transiberiano.
Publicacións en Rinoceronte