Abraham a Sancta Clara
Abraham a Sancta Clara (1644-1709), frade agostiño descalzo, foi un extraordinario predicador e escritor que engaiolou oíntes e lectores a través das súas historias críticas e divertidas, adobiadas de fábulas e anécdotas. En moitas delas destaca o humor e as referencias intertextuais que parten da lectura de numerosos textos clásicos sagrados e pagáns. A súa elocuencia converteuse nun importante instrumento de propaganda, principalmente durante a Gran Peste de Viena en 1679 e a ocupación turca de Viena en 1683. Os investigadores ven neste frade un dos fundadores da lingua alemá escrita.
Publicacións en Rinoceronte